CRISTOBAL RUIZ LEIVAS

"Micologo de campo"

 

Cristobal Ruiz Leivas naceo en A Coruña o 31 de Xaneiro de 1933. Os 6 anos trasladase a Mondoñedo (Lugo) ande no ano 1941 perdeu o seu pai e como consecuencia dunha caída dun cabalo ten que percorrer varios sanatorios en Lugo, Madrid e Valencia. 

 En Xaneiro de 1953 trasladase a O Barco empezando a traballar en CEDIE, empresa no que se xubila o 14 de Setembro de 1993 despois de 40 anos de traballo.

 Gran amante do mundo da micoloxía pasa por un dos millares coñecedores dos cogumelos de Valdeorras, e todo o apaixoante mundo cos rodea. Ten organizado numerosas xornadas sobre a Micoloxía.Xornadas de iniciación a micoloxía de Valdeonas nos anos 1984 e 85. Xornadas Micolóxicas Valdeorresos en 1994, as Primeiras Xornadas micolóxicas de Trives e Vilariño de Conso no 1994. Xornadas verdes e xantar popular a base de setas de Quereño en 1994 e está en permanente contacto con eminentes investigadores e biólogos cos que ten compartido tribuna de oradores como: María Luisa CASTRO, F. DE DIEGO CALONGE, M. GARCIA ROLLAN, A. REGUElRO RODRIGUEZ ou F.F. DE ANA MAGAN.

Froito das súas contínuas saidas o campo foi o descubrimento dunha nova seta -Morchella Esculenta-, non clasificada, a quen se lle deu o nome de Valdeorrensis.